Vestixios e funcións da Gran Deusa no imaxinario galego desde a obra de Méndez Ferrín
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2019.8.11Palabras clave:
Gran Deusa, soberanía, celtismo, Guenebra, imaxinarioResumen
Este estudo parte da análise da Guenebra reflectida nos relatos de Méndez Ferrín, e, por extensión, doutras personaxes femininas (e dalgunhas masculinas), establecendo unha conexión entre estes personaxes míticos e o arquetipo da Gran Deusa. Estas personaxes poderían integrar diferentes aspectos do símbolo ancestral que se quere elucidar,resaltando en cada unha delas algunha condición ou característica en particular do mesmo. A metodoloxía coa que se aborda a análise poderíase circunscribir dentro do amplo campo dos estudos do imaxinario. Este traballo abre un espazo de reflexión sobre o antigo arquetipo da Gran Deusa e a súa estreita relación con aspectos da soberanía, e como este arquetipo se traslada ao imaxinario galego.