A besta que hai en min: Suxeito e lingua na posanimalidade de Luz Pichel
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2024.13.2Palabras clave:
heterolingüismo, autotradución, ecocrítica, estudos animais, estudos de xénero, posruralismoResumo
Identificada desde a literatura castelá como unha das representantes da corrente de poesía «neorrural» e desde a literatura galega como unha das cultivadoras do que se deu en chamar «posruralismo» e que indaga na desaparición dun mundo e un modo de vida relacionado coa cultura campesiña, o conxunto da obra de Luz Pichel funciona, en realidade, como un ariete contra ambos os dous campos de recepción onde se inscribe, ao ofrecer sentidos non previstos de acordo cun programa de experimentación que une o inconformismo sociopolítico a un cuestionamento da linguaxe como ferramenta de representación do mundo. Neste traballo propoñémonos afondar na importancia do tratamento do tropo animal na poética de Pichel, por canto advertimos no seu rexeitamento sistemático á tradicional antropomofización do Outro animal e á animalización do Outro humano, o desexo de poñer en cuestión os fundamentos das oposicións xerárquicas que constitúen a visión hexemónica do suxeito occidental de acordo cunha práctica ética, política e retórica marcada pola busca da utopía.
Descargas
Publicada
Como citar
Número
Sección
Licenza
Dereitos de autor/a 2023 Rexina Rodríguez Vega
Esta obra está licenciada baixo unha Licenza internacional Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obras Derivadas 4.0.
Os autores e as autoras conservan os dereitos de autoría e outorgan a Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal o dereito de primeira publicación, a partir da cal a obra estará dispoñible simultaneamente baixo unha Licencia de Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND) que permite compartir a obra con terceiros sempre que se recoñeza a autoría e a publicación inicial nesta revista.