Arquivos

  • Saramago e o transiberismo
    Núm. 12 (2023)

    Víctor Martinez-Gil (ed.)

    O volume 12 de Abriu, revista de Estudos Galegos e Portugueses  da Universidade de Barcelona ábrese con un monografico dedicado a "Saramago e o transiberismo" onde se presentan catro artigos que analizan o significado do iberismo na obra de Saramago e a evolución do seu pensamento político cara ao concepto de transiberismo. A "Miscelánea" inclue seis traballos onde predominan análises da recepción, sexa de autores como Jorge Amado en África, as poetas galegas a través da crítica e o teatro galego en Bos Aires, ou temas como os mitos nacionais portugueses en Brasil. Encóntranse también estudos sobre Carolina Maria de Jesús, Manuel Rivas e Xesús Fraga. No "Espazo Aberto" recóllense homenaxes aos profesores Basilio Losada e Alan Freeland, xunto a á presentación da biblioteca Nélida Piñón. As recensións están dedicadas a panorámicas das iteraturas lusoafricanas e da brasileña contemporánea, a redes culturales e a unha nova lectura de Saramago.

  • Ecocríticas: Palabras e imaxes
    Núm. 11 (2022)

    Ana Acuña and Mª Xesús Nogueira (eds.)

    O volume 11 de Abriu, revista de Estudos Galegos e Portugueses da Universitat de Barcelona ábrese con un monográfico dedicado a “Ecocríticas: Palabras e imaxes” que presenta sete artigos onde se analizan discursos e prácticas que exploran creacións artísticas, a miúdo híbridas, onde a natureza e o xénero se cruzan. Este monográfico compleméntase cos artigos da sección “Espazo Aberto” sobre dúas experiencias de investigación artística e sobre a poesía de Luísa Villalta. A sección “Miscelánea” inclúe tres traballos sobre lírica profana medieval e un estudo sobre a relación entre literatura e turismo en Portugal. Las recensións dedícanse a traballos sobre historiografía, feminismos ibéricos, traducións de Haroldo de Campos e os centenarios de Jorge de Sena e Sophia de Mello Breyner.

  • Alén da Nación: outras 'decliNacións' nas literaturas africanas
    Núm. 10 (2021)

    Jessica Falconi (ed.)

    O Volume 10 de Abriu, revista de Estudos Galegos e Portugueses da Universitat de Barcelona e da Cátedra José Saramago / CLP Camões da Universitat Autònoma de Barcelona, abre cunha monografía sobre o tema "Alén da Nación: Outras 'decliNacións' nas literaturas africanas", que inclúe seis achegas á evolución da perspectiva nacional nos estudos das literaturas africanas lusófonas desde os anos 80 até os nosos dias. A sección "Miscelánea" inclúe traballos sobre Rosalía de Castro, Annette Meakin, Lúzia Romão e Lupe Gómez, e novas tendencias nos festivais literarios portugueses. A sección "Espazo aberto" rescata a versión galega de sete poemas de "Lírica inglesa" publicados por Ramón Cabanillas e algúns documentos da censura de 1975 sobre Sempre en Galiza de Castelao. A sección "Recensións" inclúe notas sobre libros recentes de Chus Pato, José Rui Teixeira, sobre estudos ibéricos e Catalunya, e sobre unha tradución de Clarice Lispector ao catalán.

  • Abriu 9

    Expresións da diversidade na literatura brasileira contemporánea
    Núm. 9 (2020)

    Virgínia Maria Vasconcelos Leal (ed.)

     

    O volume 9 de Abriu ábrese cunha monografía dedicada a "Expresións da diversidade na literatura brasileira contemporánea" dirixida pola profesora Virgínia Maria Vasconcelos Leal. O presente monográfico pon en destaque a relación entre as expresións de diversidade e a produción literaria brasileira contemporánea, a través da cal nos permite a valoración tanto dos obxectos literarios non convencionais coma tamén a de formulacións innovadoras.

    A sección Miscelánea inclúe achegas coma a dedicada ao concepto de “negrura” na lírica galego-portuguesa medieval, ao imaxinario construído polos viaxeiros franceses e ingleses sobre a cultura portuguesa no Brasil durante o período moderno, a unha lectura de Antón e os inocentes de Méndez Ferrín, á aproximación desde a perspectiva identitaria das novelas A Veiga é como un tempo distinto (2011) de Eva Moreda y Las mujeres inglesas destrozan los tacones al andar (2007) de Almudena Solana e, finalmente, a unha revisión dos Galician Studies no contexto social e político recente.

    Na sección Open Space inclúense dúas cartas inéditas de Concepción Arenal, unhas consideracións sobre a atribucións duns artigos a Rosalía de Castro e, por último, a revista Abriu réndelle homenaxe ao profesor Perfecto E. Cuadrado, con motivo da súa xubilación como catedrático de Filoloxía Portuguesa na Universidade das Illas Baleares.

    Na sección de recensións, analízanse a edición recente da conmemorativa dunha obra de Horácio Costa, un volume sobre Galician Studies realizado nos Estados Unidos, a tradución do texto mesiánico Consolació de les tribulacions d’Israel de Samuel Usque ao catalán e, por último, unha revulsiva compilación de estudos feministas no Brasil editada por Heloisa Buarque de Hollanda. 

    En la sección de reseñas, se analizan la edición reciente de la conmemorativa de una obra de Horácio Costa, un volumen que sobre Galician Studies realizado en Estados Unidos, la tradución del texto mesiánico Consolació de les tribulacions d’Israel de Samuel Usque al catalán y, por última una compilación de estudios feministas en Brasil editadas por Heloisa Buarque de Hollanda. 

     

    Abriu publícase simultaneamente en forma impresa e electrónica, como libro electrónico (véxase Edicions de la Universitat de Barcelona). Máys información: http://revistes.ub.edu/Abriu.

  • Abriu 8

    Voltas arredor de Magalhães
    Núm. 8 (2019)

    Ximena Urbina e Luís Filipe F.R. Thomaz (ed.)

     

    O volume 8 de Abriu, a revista de Estudos Galegos e Portugueses da Universitat de Barcelona e da Cátedra José Saramago da Universitat Autònoma de Barcelona, ábrese cun monografico titulado “Voltas arredor de Magalhães”. Este monográfico inclúe contribucións novas aos estudos das navegacións de Magalhães da man de especialistas de Portugal, Chile e Estados Unidos que analizan desde novas perspectivas documentos, cuestións léxicas, a viaxe e a trasmisión no relato de Pigafetta. A sección de “Miscelánea” inclúe traballos sobre a ciencia no Portugal renacentista, as masculinidades nas novelas de Machado de Assis, o tema dos fascismos en Saramago e Javier Marías, a utopía segundo Zweig na súa estadía en Brasil, e unha achega ao arquetipo da Grande Deusa na narrativa de Méndez Ferrín. ABRIU crea unha nova sección, “Espazo aberto”, co obxectivo de sacar á luz documentos únicos. Neste número M.X. Lama rescata dous artigos perdidos que atribúe a Rosalía de Castro. A sección de “Recensións” inclúe comentarios de libros recentes sobre feminismos na literatura infantil e xuvenil galega, estudos ibéricos, a escritora afrobrasileira Carolina Maria de Jesus e a traducción ao catalán da Peregrinação de Fernão Mendes Pinto.  

  • Abriu 7

    Galicia Glocal: Redefinir a cultura galega na era global
    Núm. 7 (2018)

    José Colmeiro (ed.)

     

    O volume 6 de Abriu, revista de Estudos Galegos e Portugueses da Universidade de Barcelona e mais da Cátedra José Saramago da Universidade Autónoma de Barcelona, ábrese co monográfico "Glocal Galicia: redefinir a cultura galega na era global", editado por José Colmeiro, no que participaron especialistas de universidades de Nova Zelandia e Estados Unidos de América. Os artigos analizan a produción documental recente, en particular Lois Patiño, o patrimonio dixital, a disneyficación de Santiago de Compostela e a ficcionalización dunha identidade galega transnacional queer en Mario Regueira. A sección "Miscelánea" inclúe estudos sobre a II República e a guerra civil española no nacionalismo portugués hispanófobo e na poesía de Carlos Drummond de Andrade. Complétase con estudos da correspondencia inédita entre Rafael Dieste e María Zambrano, a arte contemporánea nunha novela de Ricardo Lisias e unha aproximación a Emma Ríos como autora de novela gráfica. A sección "Recensións" inclúe notas sobre traduccións do portugués ao catalán, a biografía de Rosalía de Castro de M.X. Lama e un libro de J. Colmeiro sobre a cultura galega na globalización. 

    Publícase simultaneamente en edición impresa e como e-book. Máis información: http://revistes.ub.edu/Abriu.

  • Abriu 6

    Literatura brasileira actual e desafíos do contemporáneo
    Núm. 6 (2017)

    M. Carmen Villarino Pardo (ed.)

     

    O volume 6 de Abriu, a revista publicada por Estudos Galegos e Portugueses da Universidade de Barcelona, abre co monográfico “Literatura brasileira actual e desafíos do contemporáneo”, editado por Carmen Villarino, unha contribución ao debate sobre os profundos cambios observados no campo cultural a principios do século XXI. Os artigos analizan os roles de escritor e crítico, o traballo ficcional de Marcelino Freire, André Sant’Anna e Marcelo Mirisola, a cultura de periferia promovida polos saraus, e a internacionalización por medio da tradución ao inglés. A “Miscelánea” inclúe artigos sobre Silvio Santigo e a censura, Abel Neves, Elvira Riveiro e o coñecemento recollido nos tratados de García de Orta sobre os cravos. A sección “Reseñas” publica notas acerca do monográfico sobre periferia de Estudos de literatura brasileira conemporánea, estudos de xénero comparados, por Ana Luísa Amaral e Martín Veiga, as antoloxías en español de poemas de Rui Knopfli e poesía galega, respectivamente.

  • Abriu 5

    O 'Livro do Desassossego' de Fernando Pessoa, desafío de tradutores/editores
    Núm. 5 (2016)

    Antonio Sáez Delgado (ed.)

     

    O número 5 de Abriu, a revista editada por Estudis Gallecs i Portuguesos, Universitat de Barcelona, abre co monográfico "O 'Livro do Desassossego' de Fernando Pessoa, desafío de tradutores/editores", editado por Antonio Sáez Delgado. Nel reflexiónase sobre a importancia das figuras que habitualmente son consideradas mediadores –editores e tradutores–, pero que neste caso convértense en (re)creadores dun texto en continua mutación, e actualízase o estado da cuestión. A “Miscelánea” inclúe estudos sobre a crítica feminista na literatura infantil e xuvenil, o grupo musical Ataque Escampe, o escritor Uilcon Pereira e a favela-bairro. Nas "Recensións” inclúense notas sobre “Pessoa e España” de A. Sáez, monografías sobre literatura brasileira de Regina Dalcastagnè e Antonio Maura, e unha edición de Cunqueiro.

  • Abriu4

    Físgoas ao descoberto: puntos cegos na textualidade galega
    Núm. 4 (2015)

    Olga Castro e María Liñeira (eds.)

     

    O cuarto número de Abriu, revista científica internacional editada por Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, inclúe o monográfico «Físgoas ao descuberto: puntos cegos na textualidade galega» coordinado por Olga Castro e María Liñera. Nel explóranse os recunchos e os recantos textuais e simbólicos das obras de Manuel Rivas, Xela Arias, Suso de Toro e Ricard Salvat, ademais de tratar algúns problemas sobre o criterio filolóxico na obra de Luís Pimentel. A sección «Miscelánea» recolle traballos sobre Hélder Faife, Marcelo Mirisola e João Cabral de Melo Neto. No apartado de «Reseñas» analízanse estudos sobre Clarice Lispector, José Saramago e a identidade galega contemporánea, xunto á poesía brasileira e ás traducións de Veríssimo. A revista publícase simultaneamente en formato impreso e electrónico e tamén como libro electrónico (ver Publicacións e Edicións da Universidade de Barcelona).

  • Abriu 3

    Negra e criminal: novelas de favela e outros xéneros fracturados
    Núm. 3 (2014)

    Elena Losada Soler (issue editor)

     

    Este terceiro número de Abriu, revista científica internacional editada por Estudis Gallecs i Portuguesos, Universitat de Barcelona, inclúe o monográfico «Negra y criminal: novelas de favela y otros géneros fracturados» coordinado por Elena Losada Soler. Nel ofrécense estudos sobre coñecidos autores de novela negra e criminal, sobre todo brasileiros, e tamén explora formas híbridas como a novela de favela e a novela criminal como bildungsroman. A sección «Miscelánea» recolle traballos sobre mulleres escritoras galegas e a crítica feminista. As reseñas críticas sobre estudos monográficos de literatura e tradución atópanse na sección «Reviews». A revista publícase ao mesmo tempo en formato impreso e electrónico, e tamén como libro electrónico (ver Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona).

  • Abriu 2

    Diálogos renacentistas entre Oriente e Occidente
    Núm. 2 (2013)

    Isabel Soler (issue editor)

     

    Este segundo número de Abriu, revista científica internacional editada por Estudis Gallecs i Portuguesos, Universitat de Barcelona, inclúe o monográfico «Diálogos renacentistas entre Oriente y Occidente», editado por Isabel Soler e dedicado á viaxe marítima tanto desde o estudo da cartografía, da botánica e da filoloxía, como desde a recepción das noticias sobre a realidade da viaxe. A sección «Miscelánea» inclúe traballos sobre Rosalía de Castro, José Ángel Valente e Ondjaki. As reseñas críticas sobre estudos monográficos de literatura e tradución atópanse na sección «Reviews». A revista publícase ao mesmo tempo en formato impreso e electrónico, e tamén como libro electrónico (ver Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona).

  • Abriu 1

    Álvaro Cunqueiro en Cataluña
    Núm. 1 (2012)

    María Xesús Lama López (ed.)

     

    Este primeiro número inaugural de Abriu, revista científica internacional editada por Estudis Gallecs i Portuguesos de la Universitat de Barcelona e dirixida por Helena González Fernández, inclúe o monográfico dedicado ás relacións entre o escritor e gastrónomo galego Álvaro Cunqueiro e a cultura catalá. As seccións «Miscelánea» e «Reviews» inclúen diversos traballos sobre literatura portuguesa, brasileira e galega. A revista publícase ao mesmo tempo en formato impreso e electrónico, e tamén como libro electrónico (ver Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona).