A autorepresentación da identidade galega na música actual
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2024.13.10Palabras clave:
representación, identidade, estereotipo, (des)periferización, interseccionalidadeResumen
Búscase analizar as autorepresentacións da identidade (nacional, de xénero, etc.) nas propostas actuais da música galega, entre o lúdico e o serio, entre o antagonismo e o estereotipo. Na tendencia neotradicional observamos unha autorepresentación desde a heteronomía, coma se a subalternidade, seguindo a Bhabha, se pensase conformándose a través da mirada do suxeito hexemónico. Aparece exotismo, misterio, a encarnación do estereotipo galego arcaico xunto coa imaxe promovida no exterior pola publicidade institucional, Galicia como unha mestura entre tradición e progreso, entendido como comodidade (antropolóxica). Ao carón da confortabilidade do moderno, da certa posibilidade de domesticación que implica, o elemento épico está presente, acentuando os elementos de territorio por descubrir ou dominar. Fronte a isto, vemos outras propostas próximas postirónicas.
Búscase analizar as autorrepresentacións da identidade, nacional e de xénero, nalgunhas propostas da música popular galega das últimas dúas décadas, atopando espazos entre o estereotipo e o antagonismo. A escolla céntrase na esfera máis alternativa ou underground, onde parece darse unha vontade de autorrepresentación na que o suxeito, individual e colectivo, atravesado ou constituído por diversos estratos ou seccionalidades, intenta pensarse a si mesmo. Aquí enténdese que esa deconstrución implica, de xeito máis ou menos explícito, a desestabilización do que se deu en chamar desperiferización.
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Licencia
Derechos de autor 2023 Rebeca Baceiredo
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0.
Los autores y las autoras conservan los derechos de autoría y otorgan a Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia y Portugal el derecho de primera publicación, a partir de la cual la obra estará disponible simultáneamente bajo licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada (cc-by-nc-nd) que permite compartir la obra con terceros, siempre que éstos reconozcan la autoría y la publicación inicial en esta revista.