Índices e métricas
Scopus, ESCI, ERIHPlus, Google Scholar, MIAR... Ver máis
Redes sociais
Academia.edu, Twitter
ABRIU é unha revista científica de periodicidade anual editada por Estudis Gallecs i Portuguesos (Universitat de Barcelona) que cumpre cos estándares da revisión por pares cegos e vai dirixida á comunidade académica e investigadora. O seu obxectivo é ofrecer un espazo para o análise e debate da textualidade nas culturas que se expresan en galego e portugués (literatura, cinema, tradución, artes escénicas, música...) desde unha perspectiva metodolóxica plural. De acordo con este obxectivo, en Abriu publícanse artigos de investigación orixinais, documentos inéditos ou recuperados e comentarios de libros de ensaio e traducións.
Cada número consta de catro seccións:
A revista ABRIU admite propostas —só textos orixinais— para todas as seccións: Monográfico, Miscelánea, Espazo Aberto e Recensións. Todos os textos do Monográfico e a Miscelánea pasan por un sistema de arbitraxe confidencial e anónimo (double-blind peer review) cun mínimo de dúas avaliacións externas de carácter metodolóxico e de estilo. O consello editorial valora as avaliacións recibidas e envíallas ao autor/á autora coa decisión provisional sobre a súa publicación, así como as modificación e/ou modificacións que se teñen que facer (correccións, réplicas e decisión definitiva sobre a publicación) nun prazo máximo de 6 meses.
O consello editorial encarga a coordinación da sección Monográfico a especialistas.
ABRIU é unha publicación científica de periodicidade anual. Data de publicación: outubro (números 6 a 8: terceiro trimestre).
ABRIU proporciona acceso libre inmediato aos seus contidos baseándose no principio de que o feito de poñer a investigación a disposición do público de maneira gratuita favorece o intercambio global de coñecemento.
Ademais, a revista pódese adquirir como e-book no web de Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona.
Revista creada por Estudis Gallecs i Portuguesos (Estudos Galegos e Portugueses) o ano 2012. Do número 7 ao 10 coeditouse coa Cátedra José Saramago da Universitat Autònoma de Barcelona.
ABRIU foi dirixida por: Helena González Fernández (2012-2019); María Xesús Lama López e Jordi Cerdà Subirachs (2020 e 2021); María Xesús Lama López (2022 e 2023); María Xesús Lama López and Rodrigo Herrera Alfaya (2024-).
Membros anteriores do consello de redacción: Sabela Labraña (2012-2013); María Dolores Villanueva Gesteira (2014-2019); Eva García (secretaria, 2015-2018).
Índices e métricas
Scopus, ESCI, ERIHPlus, Google Scholar, MIAR... Ver máis
Redes sociais
Academia.edu, Twitter