A triloxía "Qatsi"
Unha análise do equilibrio da vida desde unha perspectiva posthumanista e o seu reflexo na realidade da Galiza e Portugal
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.6Palabras clave:
Koyaanisqatsi, Triloxía Qatsi, Godfrey Reggio, posthumanismo, documental, cinema experimental, ecocinemaResumo
A triloxía qatsi, dirixida por Godfrey Reggio nas tres últimas décadas do século XX, supuxo un cambio de paradigma no xeito de filmar o noso contorno e a nosa relación con el, asumindo unha lóxica posthumanista no seu achegamento. A través da experimentación técnica e narrativa, modificando a escala temporal e espacial á que temos acceso habitualmente como seres vivos, permítenos unha comprensión moito maior dos cambios que ocorren no mundo e unha reflexión, sen verbas, sobre o camiño que deberiamos tomar. Desde este artigo tentamos atopar esas reflexións e a súa relación co posthumanismo.
Descargas
Publicada
Como citar
Número
Sección
Licenza
Dereitos de autor/a 2021 Luis E. Froiz Casal
Esta obra está licenciada baixo unha Licenza internacional Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obras Derivadas 4.0.
Os autores e as autoras conservan os dereitos de autoría e outorgan a Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal o dereito de primeira publicación, a partir da cal a obra estará dispoñible simultaneamente baixo unha Licencia de Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND) que permite compartir a obra con terceiros sempre que se recoñeza a autoría e a publicación inicial nesta revista.