As Paisaxes de Lois Patiño: Aura, Perda, Duración

Autores/as

  • Patricia Keller Cornell University

DOI:

https://doi.org/10.1344/abriu2018.7.5

Palabras clave:

paisaxe, temporalidade, fotografía, cinema, duración, perda, visibilidade, movemento, inmobilidade, Lois Patiño

Resumo

Este ensaio ofrece unha reflexión sobre as paisaxes galegas a través dunha lectura do documental experimental de Lois Patiño, Costa da Morte, e ten dúas partes. A primeira trata da temporalidade e o concepto de duración, preguntando como se relaciona o tempo con determinados modos de desaceleración no cine, entendéndose como unha estética, pero tamén como un mecanismo estrutural para ralentizar e para capturar así a inmobilidade. Aquí teño un interese particular na inmobilidade fotográfica do filme, e como o uso da fotografía e da quietude é unha evocación da morte. A segunda parte examina a paisaxe como unha forza estática, «aurática», e sublime. No espazo de encontro, ou «tapiz vivente» —un lugar no que a aparición e absorción por parte do visible sempre é un desacougante paradoxo, proxectando unha poética de desaparición, invisibilidade e perda.

Descargas

Publicada

2019-03-12

Como citar

Keller, P. (2019). As Paisaxes de Lois Patiño: Aura, Perda, Duración. Abriu: Estudos De Textualidade Do Brasil, Galicia E Portugal, (7), 101–124. https://doi.org/10.1344/abriu2018.7.5