O periplo de Teresita: sexilio galego na Arxentina de principios do século xx

Autores

  • Daniela Ferrández Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Coimbra

DOI:

https://doi.org/10.1344/abriu2024.13.8

Palavras-chave:

disidencia sexual, sexilio, historia queer, historia trans, Galicia

Resumo

O presente artigo reflexiona sobre a posibilidade de que Arxentina constituíse un destino preferente para o sexilio galego das primeiras décadas do século xx. Entendendo o sexilio como a migración forzada da disidencia sexual, repasaremos algúns exemplos centrándonos no de Teresita, unha coruñesa nada a finais do xix e que gañou fama internacional por transgredir os marcos sexuais normativos. A súa historia amosa evidencias da comunidade que esperaba a moitas sexiliadas galegas no Bos Aires desta época, á vez que dos intentos das autoridades e dos saberes expertos para hixienizar o corpo nacional. Deste xeito, permítenos situar un contexto no que se vencellan espazos, desprazamentos e incluso modas artísticas como o cuplé. En resumo, sostemos que a historia de Teresita, as súas idas e voltas e a análise do seu círculo relacional achegan pistas para analizar os posibles itinerarios partillados dunha parte da poboación galega cuxas vidas foron esquecidas e silenciadas polas narrativas oficiais.

Downloads

Publicado

2024-10-18

Como Citar

Ferrández, D. (2024). O periplo de Teresita: sexilio galego na Arxentina de principios do século xx. Abriu: Estudos De Textualidade Do Brasil, Galicia E Portugal, (13), 141–161. https://doi.org/10.1344/abriu2024.13.8