Identidade, alteridade e retorno en "Las mujeres inglesas destrozan los tacones al andar" de Almudena Solana e "A Veiga é como un tempo distinto" de Eva Moreda
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2020.9.11Paraules clau:
migración, identidade, alteridade, retorno, xénero.Resum
Analízanse en A Veiga e como un tempo distinto (2011) de Eva Moreda e Las mujeres inglesas destrozan los tacones al andar (2007) de Almudena Solana como a discontinuidade dos corpos migrantes, que negocian o seu significado en relación cos espazos londinienses e cos galegos, non sempre fai abalar a estabilidade ontolóxica da identidade nacional. Incluso a aqueles que renegocian a súa identidade e a relación cos novos espazos non podemos presupoñerlles unha identidade híbrida que rompa coa trindade lingua, terra, morriña. Ademais, para a muller a incursión nos espazos dos born and bred comporta unha carga maior de transgresión e estranxeiridade.