Tres poemas de Luísa Villalta
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.14Palabras clave:
poesia visual, fotografía, imaxe antropomórfica, símboloResumen
Escollín para a análise tres poemas entre os que compoñen o conxunto de vinte do libro Papagaio, composto por fotografías de Maribel Longueira interpretadas por Luisa Villalta. Trátase dos tres textos que dialogan en posición de maior proximidade coa ollada antropomórfica da fotógrafa.
O primeiro describe e interpreta o cromatismo popular do ámbito prostibulario suxerido através da foto da entrada e as esqueiras de acceso a unha vivenda. A poeta, alén da perspectiva simbólica destinada á lectura da cor, constrúe a imaxe das pernas e o sexo da casa antropomorfizada.
O segundo poema elabora un relato de base simbólica a partir da fotografía da pechadura dunha porta arruinada, complementado pola identificación formal e significativa do oco co ollo vixiante e fiscalizador que representa o control moral exercido polo poder e asumido pola sociedade tradicional.
O terceiro tece un discurso reflexivo suscitado pola visión de dúas xanelas que propicia a reconstrución da vida das mulleres que habitaran aquelas alcobas. É un complexo poema alegórico arredor da mudanza das relacións de amizade e o deterioro corporal –identificábel co proceso da ruína arquitectónica-, que sitúa en primeiro plano as bocas e as cordas de tender a roupa, identificábeis cos vínculos afectivos.
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Licencia
Derechos de autor 2021 Xosé María Álvarez Cáccamo
Esta obra está bajo una licencia internacional Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivadas 4.0.
Los autores y las autoras conservan los derechos de autoría y otorgan a Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia y Portugal el derecho de primera publicación, a partir de la cual la obra estará disponible simultáneamente bajo licencia de Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada (cc-by-nc-nd) que permite compartir la obra con terceros, siempre que éstos reconozcan la autoría y la publicación inicial en esta revista.