Natureza dixital
Videopoesía desde a perspectiva ecocrítica
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.7Palabras clave:
videopoesía, poesía, audiovisual, ecocrítica, ecofeminismoResumo
Partindo da observación do ecosistema dixital e eminentemente audio-visual no que nos inscribimos, cuestionámonos se a videopoesía, como expresión artística singular produto desta era audiovisual, pode axudarnos a definírmonos, a interpretarmos e navegarmos mellor o mundo que nos rodea. Analizaremos a influencia do natural no fenómeno dixital da videopoesía, explorando as súas interseccións baixo o prisma do ecofeminismo. Elaboramos primeiramente un breve percorrido polas principais cuestións teóricas arredor do xénero da videopoesía e do movemento do ecofeminismo. Analizamos a pegada das diferentes tendencias do ecofeminismo nunha serie de videopoemas seleccionados, creados por autoras e autores representativas, procedentes de diversos recunchos do mundo. Comentamos, desde unha perspectiva ecocrítica, o tratamento que neles se trasluce dos conceptos de corpo, natureza, muller, espazo e cultura, facendo finalmente unha especial referencia á realidade galega. Concluímos acreditando na capacidade da videopoesía para transportar, no seu corpo dixital, unha necesaria visión ecocrítica do noso hábitat natural, da nosa relación co mesmo e da nosa identidade.
Descargas
Publicada
Como citar
Número
Sección
Licenza
Dereitos de autor/a 2021 Celia Parra Díaz
Esta obra está licenciada baixo unha Licenza internacional Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obras Derivadas 4.0.
Os autores e as autoras conservan os dereitos de autoría e outorgan a Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal o dereito de primeira publicación, a partir da cal a obra estará dispoñible simultaneamente baixo unha Licencia de Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND) que permite compartir a obra con terceiros sempre que se recoñeza a autoría e a publicación inicial nesta revista.