Natureza dixital

Videopoesía desde a perspectiva ecocrítica

Autores

  • Celia Parra Díaz -

DOI:

https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.7

Palavras-chave:

videopoesía, poesía, audiovisual, ecocrítica, ecofeminismo

Resumo

Partindo da observación do ecosistema dixital e eminentemente audio-visual no que nos inscribimos, cuestionámonos se a videopoesía, como expresión artística singular produto desta era audiovisual, pode axudarnos a definírmonos, a interpretarmos e navegarmos mellor o mundo que nos rodea. Analizaremos a influencia do natural no fenómeno dixital da videopoesía, explorando as súas interseccións baixo o prisma do ecofeminismo. Elaboramos primeiramente un breve percorrido polas principais cuestións teóricas arredor do xénero da videopoesía e do movemento do ecofeminismo. Analizamos a pegada das diferentes tendencias do ecofeminismo nunha serie de videopoemas seleccionados, creados por autoras e autores representativas, procedentes de diversos recunchos do mundo. Comentamos, desde unha perspectiva ecocrítica, o tratamento que neles se trasluce dos conceptos de corpo, natureza, muller, espazo e cultura, facendo finalmente unha especial referencia á realidade galega. Concluímos acreditando na capacidade da videopoesía para transportar, no seu corpo dixital, unha necesaria visión ecocrítica do noso hábitat natural, da nosa relación co mesmo e da nosa identidade.

Downloads

Publicado

2022-10-15

Como Citar

Parra Díaz, C. (2022). Natureza dixital: Videopoesía desde a perspectiva ecocrítica. Abriu: Estudos De Textualidade Do Brasil, Galicia E Portugal, (11), 173–185. https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.7