Movemento feminista e crítica de literatura infantil en Galicia: unha cartografía
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2016.5.7Palabras clave:
movemento feminista, literatura infantil, contexto galegoResumo
Habitualmente non se refire a literatura infantil e xuvenil como unha das áreas de incidencia do movemento feminista. Porén, dende os seus comezos, á literatura dirixida a infancia e a mocidade apúxoselle un condicionamento instrutor que a situou, en moitas ocasións, no ámbito educativo. Así, o movemento feminista ocupouse, no marco das prácticas a prol da coeducación, de revisar moitos dos textos que a compoñen. O ámbito galego non foi unha excepción a isto, polo que este traballo pretende revisar cales foron as angueiras levadas a cabo polas feministas para analizar as obras existentes e pular por unha nova literatura infantil e xuvenil.