Arte/Educación

Experiencias relacionais na educación artística

Autores

  • Natalia Poncela López Autora

DOI:

https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.4

Palavras-chave:

art, education, ArtEducation, art educator, mediation, collaborative art, activism, gender, knowledge processes, creativity

Resumo

O presente texto indaga, desde o contexto actual, nalgúns dos posibles modos de mediación entre os conceptos de arte e educación. Por unha parte, analizamos os modos nos que se ten cristalizado, na última década, o denonimado «xiro educativo» (Rogoff 2008) e seu impacto nas institucións museísticas. Por outra, colocamos o foco no uso dos termos ArtEducación e arteducadora reunindo algunhas experiencias significativas, desde o eido artístico e no marco da crítica institucional, entendendo a mediación como exercicio de intercambio experiencial. Enúncianse tamén proxectos desenvolvidos desde o marco educativo regrado, escolléndose propostas educativas relacionadas coa formación de formadores.

Nesta análise tivéronse en conta aquelas iniciativas desenvolvidas no contexto europeo e internacional dos últimos quince anos, un contexto definido polas transformacións das relacións de saber e poder nos espazos tradicionais da arte, nomeadamente naquelas prácticas artísticas que incorporaron prácticas educativas, pedagogías críticas e poscoloniales como foron a Documenta 12 (2007) ou 6ª Bienal do Mercosul (2010). 

Downloads

Publicado

2022-10-15

Como Citar

Poncela López, N. (2022). Arte/Educación: Experiencias relacionais na educación artística. Abriu: Estudos De Textualidade Do Brasil, Galicia E Portugal, (11), 115–130. https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.4