A «velha» que foi «manceba»

Contributo para unha nova hipótese interpretativa da cantiga «Direi-vos ora que oi dizer» de Joan Vaasquiz de Talaveira (B 1545)

Autores/as

  • Bieito Arias Freixedo

DOI:

https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.8

Palabras clave:

Cantigas de «escarnho e maldizer», aequivocatio, vellez, Maria Leve, Joan Vaasquiz de Talaveira

Resumen

Nos comentarios que acompañan as sucesivas edicións e estudos da cantiga de escarnho Direi-vos ora que oi dizer (B 1545; Tav 81, 4) atribuída a Joan Vaasquiz de Talaveira, faise referencia reiterada ás relacións lésbicas que a soldadeira protagonista, Maria Leve, mantería cunha súa criada, e incídese en que ese é un dos tópicos principais sobre os que fundamenta a sátira.

Neste traballo tentamos demostrar que a base da sátira contra Maria Leve é outra, e que, de ter cabida a compoñente homosexual na interpretación deste texto, será apenas de xeito moi secundario. Ao mesmo tempo analizaremos outras cuestións textuais de difícil solución que presenta a cantiga e que dificultan a súa interpretación plena.

Descargas

Publicado

2022-10-15

Cómo citar

Arias Freixedo, B. (2022). A «velha» que foi «manceba»: Contributo para unha nova hipótese interpretativa da cantiga «Direi-vos ora que oi dizer» de Joan Vaasquiz de Talaveira (B 1545). Abriu: Estudios De Textualidad De Brasil, Galicia Y Portugal, (11), 189–220. https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.8