A «velha» que foi «manceba»
Contributo para unha nova hipótese interpretativa da cantiga «Direi-vos ora que oi dizer» de Joan Vaasquiz de Talaveira (B 1545)
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2022.11.8Palabras clave:
Cantigas de «escarnho e maldizer», aequivocatio, vellez, Maria Leve, Joan Vaasquiz de TalaveiraResumo
Nos comentarios que acompañan as sucesivas edicións e estudos da cantiga de escarnho Direi-vos ora que oi dizer (B 1545; Tav 81, 4) atribuída a Joan Vaasquiz de Talaveira, faise referencia reiterada ás relacións lésbicas que a soldadeira protagonista, Maria Leve, mantería cunha súa criada, e incídese en que ese é un dos tópicos principais sobre os que fundamenta a sátira.
Neste traballo tentamos demostrar que a base da sátira contra Maria Leve é outra, e que, de ter cabida a compoñente homosexual na interpretación deste texto, será apenas de xeito moi secundario. Ao mesmo tempo analizaremos outras cuestións textuais de difícil solución que presenta a cantiga e que dificultan a súa interpretación plena.
Descargas
Publicada
Como citar
Número
Sección
Licenza
Dereitos de autor/a 2021 Bieito Arias Freixedo
Esta obra está licenciada baixo unha Licenza internacional Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obras Derivadas 4.0.
Os autores e as autoras conservan os dereitos de autoría e outorgan a Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal o dereito de primeira publicación, a partir da cal a obra estará dispoñible simultaneamente baixo unha Licencia de Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND) que permite compartir a obra con terceiros sempre que se recoñeza a autoría e a publicación inicial nesta revista.