A representación en Buenos Aires dun fragmento d'O Mariscal de Cabanillas e Vilar Ponte no marco dun festival de apoio aos sublevados franquistas
DOI:
https://doi.org/10.1344/abriu2023.12.7Palabras clave:
Teatro galego, franquismo, Cruzados de Santiago, Emigración galega a Buenos Aires, Asociación de Escritores de GaliciaResumo
Neste artigo dáse a coñecer a utilización por parte dos denominados Cruzados de Santiago do texto dramático dos nacionalistas galegos Ramón Cabanillas e Antón Vilar Ponte nun acto de exaltación dos golpistas franquistas, celebrado en Buenos Aires en 1937, en que se apoiaba economicamente a Junta de Burgos. Para alén de pór en contexto este tipo de festivais en que tiña cabida o teatro galego, identifícanse os seus protagonistas –quer o colectivo promotor, quer os dramaturgos e intérpretes que protagonizaron eses eventos–, estúdanse os procesos de esvaciado da reivindicación galeguista presente nos títulos dramáticos empregados polos franquistas galaicos da capital arxentina e, para concluír, pesquísanse as prevencións tomadas polos escritores galegos –con Antón Vilar Ponte á cabeza– para que non se desen este tipo de usos espurios das súas creacións literarias, ben como a imposibilidade de actuaren neste sentido a partir do golpe de Estado e a declaración da guerra civil española.
Descargas
Publicada
Como citar
Número
Sección
Licenza
Dereitos de autor/a 2023 Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes

Esta obra está licenciada baixo unha Licenza internacional Creative Commons Recoñecemento-Non Comercial-Sen Obras Derivadas 4.0.
Os autores e as autoras conservan os dereitos de autoría e outorgan a Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal o dereito de primeira publicación, a partir da cal a obra estará dispoñible simultaneamente baixo unha Licencia de Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada (CC BY-NC-ND) que permite compartir a obra con terceiros sempre que se recoñeza a autoría e a publicación inicial nesta revista.