Índices e métricas
Scopus, ESCI, ERIHPlus, Google Scholar, MIAR... Ver máis
Redes sociais
Academia.edu, Twitter
Víctor Martinez-Gil (ed.)
O volume 12 de Abriu, revista de Estudos Galegos e Portugueses da Universidade de Barcelona ábrese con un monografico dedicado a "Saramago e o transiberismo" onde se presentan catro artigos que analizan o significado do iberismo na obra de Saramago e a evolución do seu pensamento político cara ao concepto de transiberismo. A "Miscelánea" inclue seis traballos onde predominan análises da recepción, sexa de autores como Jorge Amado en África, as poetas galegas a través da crítica e o teatro galego en Bos Aires, ou temas como os mitos nacionais portugueses en Brasil. Encóntranse también estudos sobre Carolina Maria de Jesús, Manuel Rivas e Xesús Fraga. No "Espazo Aberto" recóllense homenaxes aos profesores Basilio Losada e Alan Freeland, xunto a á presentación da biblioteca Nélida Piñón. As recensións están dedicadas a panorámicas das iteraturas lusoafricanas e da brasileña contemporánea, a redes culturales e a unha nova lectura de Saramago.
Índices e métricas
Scopus, ESCI, ERIHPlus, Google Scholar, MIAR... Ver máis
Redes sociais
Academia.edu, Twitter