A heteronormatividade como obstáculo na lectura poética. O caso Elvira Riveiro Tobío

Autores

DOI:

https://doi.org/10.1344/abriu2017.6.8

Palavras-chave:

identidade sexual, heteronormatividade, recepción, poesía galega contemporánea.

Resumo

O presente traballo toma o poemario Carnia haikai (2012) de Elvira Riveiro Tobío como punto de partida para a análise da representación das sexualidades non normativas no eido da poesía galega contemporánea. Partindo da configuración heteronormativa que existe no imaxinario colectivo no que ao amor e á sexualidade se refire, reflexionarase sobre como este aspecto afecta ao proceso de lectura posto que se pecha a posibilidade dunha outra maneira de ler que daría lugar a mensaxes poéticas moito máis rupturistas e transgresoras do que as convencionais etiquetaxes literarias nos fan ver e pensar no que ás identidades sexuais se refire.

Downloads

Publicado

2017-06-15

Como Citar

Lema París, Ánxela. (2017). A heteronormatividade como obstáculo na lectura poética. O caso Elvira Riveiro Tobío. Abriu: Estudos De Textualidade Do Brasil, Galicia E Portugal, (6), 161–172. https://doi.org/10.1344/abriu2017.6.8