Letras galegas "María Mariño". Unha análise da recepción da obra da poeta

Autors/ores

  • Montse Penas

Paraules clau:

literatura galega, María Mariño, Día das Letras Galegas

Resum

Cada 17 de maio dende 1963 (coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro) a literatura galega celebra o Día das Letras Galegas, homenaxeando a un escritor ou escritora que xa finara (aínda que polo momento só foron tres as mulleres honradas con esta distinción). 2007 foi a quenda da terceira autora: María Mariño. Tal distinción non estivo exenta dunha certa polémica, por dous motivos ben diferentes: o cuestionamento que a celebración está a vivir nos últimos anos e, sobre todo, a sombra das dúbidas que aínda se cernen ao redor da propia María Mariño. Este artigo céntrase neste segundo factor, analizando a produción crítica que se xerou en torno á poeta, tentando dilucidar en qué medida a enxurrada de publicacións que se lle dedicaron dende que a Real Academia Galega anunciara o 2007 como o “seu” ano supuxo non só un avance cuantitativo, senón tamén e, sobre todo, unha mellora cualitativa no coñecemento da súa obra.

Descàrregues

Publicades

2010-12-16

Com citar

[1]
Penas, M. 2010. Letras galegas "María Mariño". Unha análise da recepción da obra da poeta. Lectora: revista de dones i textualitat. 14 (Dec. 2010), 269–284.

Número

Secció

MISCEL·LÀNIA