Índices e métricas
Scopus, ESCI, ERIHPlus, Google Scholar, MIAR... Ver máis
Redes sociais
Academia.edu, Twitter
Olga Castro e María Liñeira (eds.)
O cuarto número de Abriu, revista científica internacional editada por Estudis Gallecs i Portuguesos, Universidade de Barcelona, inclúe o monográfico «Físgoas ao descuberto: puntos cegos na textualidade galega» coordinado por Olga Castro e María Liñera. Nel explóranse os recunchos e os recantos textuais e simbólicos das obras de Manuel Rivas, Xela Arias, Suso de Toro e Ricard Salvat, ademais de tratar algúns problemas sobre o criterio filolóxico na obra de Luís Pimentel. A sección «Miscelánea» recolle traballos sobre Hélder Faife, Marcelo Mirisola e João Cabral de Melo Neto. No apartado de «Reseñas» analízanse estudos sobre Clarice Lispector, José Saramago e a identidade galega contemporánea, xunto á poesía brasileira e ás traducións de Veríssimo. A revista publícase simultaneamente en formato impreso e electrónico e tamén como libro electrónico (ver Publicacións e Edicións da Universidade de Barcelona).
Índices e métricas
Scopus, ESCI, ERIHPlus, Google Scholar, MIAR... Ver máis
Redes sociais
Academia.edu, Twitter