Núm. 8 (2019): Voltas arredor de Magalhães

Abriu 8

Ximena Urbina e Luís Filipe F.R. Thomaz (ed.)

 

O volume 8 de Abriu, a revista de Estudos Galegos e Portugueses da Universitat de Barcelona e da Cátedra José Saramago da Universitat Autònoma de Barcelona, ábrese cun monografico titulado “Voltas arredor de Magalhães”. Este monográfico inclúe contribucións novas aos estudos das navegacións de Magalhães da man de especialistas de Portugal, Chile e Estados Unidos que analizan desde novas perspectivas documentos, cuestións léxicas, a viaxe e a trasmisión no relato de Pigafetta. A sección de “Miscelánea” inclúe traballos sobre a ciencia no Portugal renacentista, as masculinidades nas novelas de Machado de Assis, o tema dos fascismos en Saramago e Javier Marías, a utopía segundo Zweig na súa estadía en Brasil, e unha achega ao arquetipo da Grande Deusa na narrativa de Méndez Ferrín. ABRIU crea unha nova sección, “Espazo aberto”, co obxectivo de sacar á luz documentos únicos. Neste número M.X. Lama rescata dous artigos perdidos que atribúe a Rosalía de Castro. A sección de “Recensións” inclúe comentarios de libros recentes sobre feminismos na literatura infantil e xuvenil galega, estudos ibéricos, a escritora afrobrasileira Carolina Maria de Jesus e a traducción ao catalán da Peregrinação de Fernão Mendes Pinto.  

Publicada: 2019-07-30

ESPAZO ABERTO