Novela negra ou hibridación do xénero?: a cara máis íntima do mal en Todo é silencio de Manuel Rivas

Autores/as

  • María Xesús Lama López

DOI:

https://doi.org/10.1344/abriu2014.3.6

Palabras clave:

Manuel Rivas, Todo é silencio, novela negra, bildungsroman, crítica social

Resumo

Na achega de Rivas ao xénero policial analízase o peculiar tratamento do tema do narcotráfico, e a corrupción social e política asociadas, desde unha perspectiva intimista. Os protagonistas adolescentes xustifican que a obra se arrandee entre a bildungsroman e o xénero negro, e evidencian o efecto desarticulador do crime organizado tanto en sociedade como en individuos, pois todos, incluídos os criminais, son destruídos pola engrenaxe dun poder corrupto. Así o enfoque narrativo reforza a crítica social e moral, relegando a restauración da orde e a xustiza ao plano da utopía.

Descargas

Como citar

Lama López, M. X. (2014). Novela negra ou hibridación do xénero?: a cara máis íntima do mal en Todo é silencio de Manuel Rivas. Abriu: Estudos De Textualidade Do Brasil, Galicia E Portugal, (3), 97–109. https://doi.org/10.1344/abriu2014.3.6