Núm. 6 (2017): Literatura brasileira actual e desafíos do contemporáneo

Abriu 6

M. Carmen Villarino Pardo (ed.)

 

O volume 6 de Abriu, a revista publicada por Estudos Galegos e Portugueses da Universidade de Barcelona, abre co monográfico “Literatura brasileira actual e desafíos do contemporáneo”, editado por Carmen Villarino, unha contribución ao debate sobre os profundos cambios observados no campo cultural a principios do século XXI. Os artigos analizan os roles de escritor e crítico, o traballo ficcional de Marcelino Freire, André Sant’Anna e Marcelo Mirisola, a cultura de periferia promovida polos saraus, e a internacionalización por medio da tradución ao inglés. A “Miscelánea” inclúe artigos sobre Silvio Santigo e a censura, Abel Neves, Elvira Riveiro e o coñecemento recollido nos tratados de García de Orta sobre os cravos. A sección “Reseñas” publica notas acerca do monográfico sobre periferia de Estudos de literatura brasileira conemporánea, estudos de xénero comparados, por Ana Luísa Amaral e Martín Veiga, as antoloxías en español de poemas de Rui Knopfli e poesía galega, respectivamente.

Publicada: 2017-07-01