Núm. 9 (2020): Expresións da diversidade na literatura brasileira contemporánea

Abriu 9

Virgínia Maria Vasconcelos Leal (ed.)

 

O volume 9 de Abriu ábrese cunha monografía dedicada a "Expresións da diversidade na literatura brasileira contemporánea" dirixida pola profesora Virgínia Maria Vasconcelos Leal. O presente monográfico pon en destaque a relación entre as expresións de diversidade e a produción literaria brasileira contemporánea, a través da cal nos permite a valoración tanto dos obxectos literarios non convencionais coma tamén a de formulacións innovadoras.

A sección Miscelánea inclúe achegas coma a dedicada ao concepto de “negrura” na lírica galego-portuguesa medieval, ao imaxinario construído polos viaxeiros franceses e ingleses sobre a cultura portuguesa no Brasil durante o período moderno, a unha lectura de Antón e os inocentes de Méndez Ferrín, á aproximación desde a perspectiva identitaria das novelas A Veiga é como un tempo distinto (2011) de Eva Moreda y Las mujeres inglesas destrozan los tacones al andar (2007) de Almudena Solana e, finalmente, a unha revisión dos Galician Studies no contexto social e político recente.

Na sección Open Space inclúense dúas cartas inéditas de Concepción Arenal, unhas consideracións sobre a atribucións duns artigos a Rosalía de Castro e, por último, a revista Abriu réndelle homenaxe ao profesor Perfecto E. Cuadrado, con motivo da súa xubilación como catedrático de Filoloxía Portuguesa na Universidade das Illas Baleares.

Na sección de recensións, analízanse a edición recente da conmemorativa dunha obra de Horácio Costa, un volume sobre Galician Studies realizado nos Estados Unidos, a tradución do texto mesiánico Consolació de les tribulacions d’Israel de Samuel Usque ao catalán e, por último, unha revulsiva compilación de estudos feministas no Brasil editada por Heloisa Buarque de Hollanda. 

En la sección de reseñas, se analizan la edición reciente de la conmemorativa de una obra de Horácio Costa, un volumen que sobre Galician Studies realizado en Estados Unidos, la tradución del texto mesiánico Consolació de les tribulacions d’Israel de Samuel Usque al catalán y, por última una compilación de estudios feministas en Brasil editadas por Heloisa Buarque de Hollanda. 

 

Abriu publícase simultaneamente en forma impresa e electrónica, como libro electrónico (véxase Edicions de la Universitat de Barcelona). Máys información: http://revistes.ub.edu/Abriu.

Publicada: 2020-10-31

HOMENAXE AO PROFESOR PERFECTO E. CUADRADO